| noticias |
 |
|
|
| próximos conciertos |
 |
|
No hay conciertos disponibles |
|
|
 |
|
componentes
|
 |
|
|
 |
| historia |
 |
|
As“coanhadeiras” eran nalgunhas zonas, as persoas, encarregadas de recoller os restos da malla na aira para aproveitalos. O mesmo nome se lle aplica ao instrumento (vasoira) empregado. Esta Coanhadeira musical nace en Ourense fai aproximadamente un ano, como un proxecto mais dos que recollen os restos da malla que sofre a nosa cultura musical, (mais aínda se cadra aquí en Ourense) “restos”, dende logo moi aproveitables. Xurde primeiro como grupo de “gaiteiros”, partindo dunha base eminentemente tradicional, tanto na formación como nos “escearios” recorridos: festas, romarías e demais eventos lúdico-musicais. A transformación e a adaptación se cadra están na mesma base da tradición, mais este principio non é sempre ben interpretado. No noso caso, a formación clásica dalgún de nós e a experiencia no eido da música tradicional e folc , doutros, mixturanse coas inevitabeis e insconcentes influenzas musicais actuais, con instrumentos “non tradicionais”, e sérvese cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros “engadidos” . De ahí que a etiqueta de “música en galego” sexa escollida polos membros para definir o estilo musical do grupo. De ahí que nesta nova andaina optaramos tamén por mante-lo nome orixinario do grupo, que se distancia , dende logo do que sería un nome “comercial” segundo os estándares actuais. Oxalá as nosas músicas vos soen a galego, e vos entreteñan un rato. Eso é o único que pretendemos
|
|
 |
|