TANXUGUEIRAS invítanche cada martes ás conversas con invitados da cultura galega en “Mira Unha Cousiña”

Esta iniciativa xurdida en pleno confinamento comezou baixo a denominación de “TanxuVermús”, por onde pasaron: músicos, xornalistas, presentadores, cómicos, etc., actualmente transformáronse nas conversas “Mira Unha Cousiña” en donde TANXUGUEIRAS achegan cada martes en directo a través das redes sociais a diferentes perfís de axentes sociais e culturais de Galicia. Esta iniciativa está desenrolada coa colaboura de PlayPlan e The Office Comunicación.

TANXUGUEIRAS

Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrio son TANXUGUEIRAS tres pandereteiras cunha proposta chea de talento, virtuosismo e contundencia. O pasado ano 2019 publicaban “Contrapunto” que incide na recuperación da tradición das pandereteiras cun son fresco e posta en escea impactante.

Programación do mes de Xuño´20 de “Mira Unha Cousiña”

O Martes 30 de Xuño pecha Salva Ronko como responsable do proxecto MAKETÓN MAELOC de LOS40 Vigo, unhas conversas cercanas en donde neste caso a música vai ser a linea conductora dunha charla que se emitirá a través do FACEBOOK LIVE e do canal de YOUTUBE de TANXUGUEIRAS.